Inscricións
FAITE SOCI@ do baloncesto GALOGRÍN
FAITE SOCIO
Estimadas familias,
Dende o Club Baloncesto Galogrin, queremos agradecervos a vosa confianza e apoio ao longo de todo este tempo. Grazas a vós, o club segue medrando, non só en número, senón tamén en ilusión e compromiso.
Queremos convidarvos agora a dar un pasiño máis: facervos socios/as do club.
Facerse socio/a significa formar parte activa deste proxecto deportivo e social, apoiar aos nosos xogadores e xogadoras, e contribuír directamente ao futuro do club, que pasa pola creación duns espazos propios e adaptados ás nosas necesidades.
Ventaxas de ser socio/a:
- Participación nas decisións máis importantes do club.
- Prioridade nas actividades e eventos do club (os campamentos están sempre cheos).
- Descontos nas empresas colaboradoras do club
- desconto de 25% na inscripción do club.
- desconto de 10% no material deportivo do club.
A cota de socio/a é simbólica e irá destinada integramente a mellorar o noso proxecto común.
- método de pago por transferencia o domiciliación.
- faite socio por 25€ anuais.
mediante domiciliación se tramitará no mes de novembro

Inicio de rexistro: 2026-08-05T23:00:00.000Z
Peche de Rexistro: 2027-06-30T22:00:00.000Z
